Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995, do Grupo de Portos A Coruña Norte, pola que se sinala data para o levantamento de actas previas á ocupación e se somete a información pública a relación de propietarios afectados polas obras de aparcamentos e urbanización no porto de Cedeira.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas do 5 de abril de 1995 foi aprobado o proxecto das obras de aparcamentos e urbanización no porto de Cedeira.

En acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia do día 10 de maio declárase a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola obra, para efectos de aplicación do procedemento

que regula o artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do seu regulamento.

Para tal efecto convócase ós propietarios e titulares dos bens e dereitos afectados que figuran nas relacións que se xuntan, así como expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Cedeira, para que comparezan no lugar, día e hora que se detalla ó final desta resolución, co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación deles, que recollerán os datos necesarios para a valoración previa e oportuna taxación, sen perxuízo do traslado ó lugar dos predios e bens afectados se se considerase oportuno.

Ó referido acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, podendo ir acompañados, pola súa conta, se o coidan oportuno, dos seus peritos e un notario.

Tendo en conta estes antecedentes e en cumprimento do establecido no artigo 17, parágrafo 2º da Lei de expropiación forzosa e no seu regulamento, ábrese información pública durante un prazo de quince días, ou en todo caso, ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito perante este Grupo de Portos A Coruña Norte da Xunta de Galicia, sito na Avda. Alférez Provisional nº 1-1º, A Coruña, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ó relaciona-los bens afectados.

Manuel Garía Blanco

Enxeñeiro xefe do Grupo de Portos da Coruña Norte

95-04391