Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRECE DE MADRID

EDICTO (1106/1974).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número trece de Madrid fai saber que neste xulgado se tramitan autos de xuízo sumario hipotecario número 1106/1974, por instancia do Banco Hipotecario de España, representado polo procurador Puig Pérez de Inestrosa, contra Juan María de la Cruz Fiunza, nos que se dictou a resolución co teor literal seguinte:

«A secretaria Inmaculada González Romero formula a seguinte proposta de providencia. Dado conta, por presentado o anterior escrito polo procurador Puig Pérez de Inestrosa, únase ós autos da súa razón para os efectos oportunos. Tense por comparecido e parte ó procurador Leopoldo Puig Pérez de Inestrosa, en nome e representación do Banco Hipotecario de España, en virtude da escritura de poder que xunta, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma prevista pola lei.

Visto o solicitado no escrito do 29 de novembro pasado ó que se fai referencia no presente escrito, requírase de pagamento ós ignorados herdeiros de Juan María de la Cruz Fiunza, para que no prazo de dez días fagan efectiva a cantidade reclamada de 46.711 ptas., para este efecto expídanse os oportunos edictos, que se publicarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, e facúltase o portador para que coide do seu cumprimento.

En Madrid o 24 de febreiro de 1994.

O secretario (asinado) conforme. O maxistrado-xuíz de primeira instancia (asinado)».

E para que sirva de requirimento de pagamento en legal forma ós herdeiros do demandado Juan María de la Cruz Fiunza e para ser publicado nos lugares

oportunos, expido o presente edicto, que asino en Madrid o 3 de marzo de 1994.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-5310