Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 07 de agosto de 1995 Páx. 6.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector do Comercio Téxtil de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo do sector do Comercio Téxtil (código nº 3200145) de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7 de xuño do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Empresarial de Comercio Téxtil de Ourense e da parte social polas centrais sindicais CC.OO. e UXT, con lexitimidade suficiente para asina-lo mesmo, en xuntanza celebrada o día 24 de maio de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, e as súas notificacións ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 9 de xuño de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do comercio téxtil

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódalas empresas dedicadas ó comercio téxtil con centro de traballo na provincia de Ourense, aínda que a súa sede social tivese o domicilio noutra distinta; a súa aplicación servirá igualmente ás empresas que durante a vixencia do presente convenio se instalen na provincia.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta este convenio a tódalas empresas dedicadas ó comercio téxtil e a tódolos traballadores incluídos no ámbito de aplicación territorial deste, excepto os que exerzan funcións do alto consello ou alta dirección.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio comprenderán todo o territorio da cidade de Ourense e a súa provincia.

Artigo 4º.-Vixencia, duración e denuncia.

O presente convenio terá unha duración de un ano, desde o 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995, e será de aplicación na súa totalidade, ata que se asine outro que o substitúa.

O convenio prorrogarase de ano en ano, mentres que por calquera das partes non se denuncie con antelación de, polo menos, tres meses no termo en que expire ou prorroga en curso.

A forma de denuncia será mediante comunicación escrita da parte que inste a negociación á outra parte na que se fará consta-la representación que ostenta, así como ó ámbito de aplicación do convenio e modificacións que se propoña negociar.

Artigo 5º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar no centro de traballo para coñecemento do persoal.

Así mesmo, as empresas colocarán no taboleiro de anuncios copias dos boletíns de cotización á Seguridade Social, co fin de que os traballadores constaten a súa situación laboral mensualmente.

Artigo 6º.-Soldo do convenio.

Os salarios das distintas categorías profesionais do persoal do presente convenio son os que se detallan na táboa salarial que figura como anexo, respectándose para todo o persoal con contrato de traballo ou sen el, unha vez cumpridos os 18 anos.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas deberán aboar tres pagas extraordinarias: unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios pagadoira entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo. Cada unha estará integrada por unha mensualidade do salario total do convenio e o premio de antigüidade, que será calculado, se é o caso, sobre o salario actualizado á data en que sexa pagado, e mesmo cos beneficios para aqueles que regulamentariamente ou por pacto os teñan recoñecidos de tal maneira que o importe destas teña que ser igual ó

das mensualidades ordinarias; constituirá en 15 pagas anuais.

Artigo 8º.-Permiso de antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán cuadrienios na contía do 6% do salario base, correspondente á categoría na que estea clasificado o traballador e que figure neste convenio.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral para 1994 será de 1.804 horas en cómputo anual ou de 40 horas semanais, que normalmente se distribuirán de luns a sábado; a xornada terminará ás 13.30 horas do sábado para este ano exclusivamente.

Non obstante, os empresarios e traballadores afectados por este convenio poderán modifica-la distribución do horario laboral seguindo o establecido no artigo 41 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Fíxanse como días libres no sector para tódolos efectos, un día e medio que será o 20 de outubro enteiro e media xornada do 17 de novembro. Todo iso, sen prexuízo de que por acordo entre empresa e traballadores se poidan fixar outros días distintos dos anteriores sinalados.

En caso da instalación en Ourense dunha gran superficie, área comercial ou similar, reunirase a comisión paritaria do convenio co obxecto de analiza-la situación ou, se é o caso, a conveniencia ou non de abri-los comercios os sábados pola tarde.

Artigo 10º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse os dereitos adquiridos, así como as cantidades superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor deste convenio.

Artigo 11º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio serán compensadas e absorbidas ata onde alcance no cómputo anual con aquelas outras que puidesen establecerse por disposición legal ou que a empresa teña establecido, agás que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 12º.-Premio de xubilación.

O persoal que se xubile dentro da idade de 64 anos ou antes do cumprimento desta, ademais do que corresponde segundo a lexislación vixente, percibirá como premio de xubilación unha mensualidade completa.

As empresas e traballadores afectados polo presente convenio poderán pacta-la xubilación especial ós 64 anos, de conformidade co Real decreto 2705/1981, do 17 de outubro, que o desenvolve, así como as demais disposicións legais que regulan o dito tipo de xubilación no futuro.

Artigo 13º.-Dereitos e garantías sindicais.

a) As empresas deben cumpri-la Lei 8/1980 e, se é o caso, a que a substitúa por derrogación ou modi

ficación desta e os acordos nacionais asinados entre ámbalas dúas partes sobre esta materia de forma clara e progresiva. Os delegados de persoal exercerán mancomunadamente perante o empresario a representación para a que foron elixidos intervindo en cantas cuestións se susciten en relación coas condicións de traballo e do persoal que representan, formulando reclamacións perante a autoridade laboral, entidades xestoras da Seguridade Social segundo proceda sobre o cumprimento das relativas á seguridade e hixiene no traballo e Seguridade Social.

Os comités de empresa recibirán información que lles será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a situación de producción e vendas da empresa, sobre a súa programación de producción e evolución probable do emprego na empresa, coñece-lo balance de resultados, a memoria e, no caso de revesti-la forma xurídica de sociedade, dos demais documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

Emitir informe con carácter previo, sobre reestructuración de cadro de persoal e cadros bancarios.

b) En tódolos contratos, modificacións e prórrogas destes, poderase incluír, xunto coa sinatura do empresario e traballador, a dun representante sindical dos traballadores, entendéndose por estes, os membros das seccións sindicais, comité de empresa e delegados de persoal.

c) A dirección da empresa no prazo dunha semana entregará copia do contrato ou documento que o modifique ós representantes sindicais dos traballadores.

d) Cláusula sobre saldo.-Tódolos recibos de saldo deberán expecificar con claridade, xunto cos demais conceptos debidos ó traballador, os correspondentes atrasos de convenio e os derivados da aplicación das cláusulas de revisión.

e) As relacións laborais serán prioritariamente de carácter indefinido. Non obstante, cando as circunstancias o esixan, poderán celebrarse contratos por tempo determinado, respectando o principio xeral de estabilidade e garantindo, en todo caso, a estricta causalidade da contratación. Para iso, a empresa notificará ós representantes dos traballadores para determinar se as circunstancias específicas xustifican o uso de calquera das modalidades de contratación temporal.

Artigo 14º.-Calendario laboral.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio están obrigadas a confeccionar un calendario laboral nos tres primeiros meses do ano.

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio. Fixaranse de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores que poderán convir na división do período en dous, para facilita-la realización de quendas rotativas, conforme ás necesidades dos traballadores e empresa.

Artigo 16º.-Modíficase o parágrafo quinto do número un do artigo 40 do texto refundio da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, o cal terá a seguinte redacción: o traballador que, non optando pola extinción do contrato se amose disconforme coa decisión empresarial poderá impugnala ante a xurisdicción competente. No dito caso, o traslado non se levará a cabo ata a resolución xudicial firme sobre este. A sentencia declarará o traslado xustificado ou inxustificado. En caso de ser xustificado o dito traslado, o traballador incorporarase ó seu novo centro de traballo no prazo máximo de dez días naturais contados desde a notificación da sentencia.

En todo o demais mantense integramente o texto do artigo 40 do mencionado texto refundido.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

Queda prohibida a realización de horas extraordinarias que non teñan carácter estructural.

Terán carácter estructural as que viñesen esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos que poñan en perigo as instalacións e/ou materias primas almacenadas, as derivadas de avarías que requiran a reparación inmediata, así como as debidas a cambios de temporada, exposicións e reordenación de almacén.

O resto das horas extraordinarias só terá a consideración de estructurais cando exista acordo expeso cos representantes sindicais. Cando se constate que o número de horas extraordinarias supera a cantidade de 40 horas semanais nunha mesma sección ou servicio da empresa procederá á contratción do número de traballadores necesario para substituí-la realización das ditas horas extraordinarias.

En todo caso, as horas extraordinarias serán compensadas con tempo de descanso a razón de 1,75 horas por hora extraordinaria realizada; o dito tempo de descanso desfrutarase de común acordo entre a empresa e os traballadores afectados e unicamente serán remunerasas cando o traballador así o solicite.

A realización de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo mensual ós traballadores e outra ós representantes sindicais dos traballadores.

Artigo 18º.- Baixa por ILT.

En caso de baixa por accidente de traballo percibirase o 100% do salario correspondente ó traballador en baixa a partir do primeiro día de baixa.

No que repecta á enfermidade común ou profesional, o persoal en situación de ILT percibirá con cargo á empresa, polo período de un ano como maximo, o salario que lle corresponda polo presente convenio, incrementado cos aumentos por anos de servicio.

Artigo 19º.- Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos, non admitíndose discriminación por razóns de idade, sexo, ideoloxía, raza ou minus

validez, etc. Así mesmo as empresas garantirán a percepción de igual salario en igual función.

Artigo 20º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimidade e/ou contra a liberdade dos traballadores /as, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, graves ou leves en función da repercusión do feito (*). Nos supostos que se leven a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persona e/ou persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, xunta de persoal, sección sindical ou representante dos traballadores/as e a dirección de persoal da empresa, velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a ou procurando silencia-la súa identidade cando así fose requirido.

(*) Dada a falta de normativa existente, poderá seguirse a descrición de sancións incluídas na Lei de infraccións e sancións na orde social do 7 de abril de 1988.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo o non previsto por este convenio estarase ó disposto na ordenanza laboral para o comercio en xeral, en tanto en canto ámbalas dúas partes non acorden a súa substitución por convenio en caso de que aquela fora derrogada, así como as demais disposicións legais vixentes.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios de Comercio Téxtil de Ourense e as centrais sindicais Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores.

Todo iso de conformidade co previsto na Lei 1/1995 que aprobou o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Terceira.-Establécese unha comisión paritaria para a interpretación e vixilancia do presente convenio e de acordo coa representación que ostentan as ditas partes. A dita comisión paritaria estará composta por membros da patronal e sindicatos sinalados na disposición adicional segunda.

Cuarta.-Ámbalas partes fan constar que a táboa salarial que figura como anexo ó presente convenio supón un incremento con respecto á táboa do convenio anterior dun 4%.

Sexta.-Cláusula de submisión ó AGA.

Perante a importancia que poida ter para a resolución de conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre precedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos (AGA) asinado pola Confederación de Empresarios de Galicia e as centrais sindicais UXT, CC.OO. e CIG as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia do mesmo, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formulados.

Disposición derradeira

Ámbalas partes asinantes do presente convenio acordan mante-las reunións e contactos que fosen necesarios para a elaboración e estudio da situación real do sector do comercio téxtil que poida permiti-la redacción e sinatura dun convenio de carácter xeral do comercio da provincia de Ourense, e se as condicións obxectivas así o aconsellasen.

ANEXO

TÁBOA SALARIAL

Ptas.

Xefe de compras e encargado xeral103.636

Xefe de sucursal e xefe administrativo92.644

Xefe de sección mercantil92.644

Encargado de establecemento89.044

Viaxante92.644

Corredor de praza89.044

Dependente88.437

Dependente maior97.275

Axudante77.380

Aprendiz48.680

Xefe administrativo103.678

Xefe de sección administrativo94.531

Contable caixeiro93.308

Oficial administrativo88.437

Auxiliar administrativo79.590

Auxiliar de caixa88.437

Escaparatista97.268

Axudante de montaxe79.590

Persoal de oficio79.590

Mozo especializado79.590

Mozo79.590

Telefonista79.590

Empaquetadora79.590

Costureira79.590

Operador técnico88.437

Persoal de limpeza555

5110