Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

EDICTO do 19 de xullo de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias de planeamento de Xove.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 7 de xullo de 1995, por maioría absoluta legal, aprobou inicialmente a modificación das normas subsidiarias de planeamento de Xove, segundo o proxecto redactado por Enxeñería do Atlántico, S.A.

De conformidade co disposto nos artigos 114 e 128.1º do texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana (Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño) e 58 e 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública por prazo de un mes na secretaría do concello.

Xove, 19 de xullo de 1995.

Antonio Rey Álvarez

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Manuel Diaz Sánchez, licenciado en dereito, secretario do Concello de Xove (Lugo).

Certifico:

Que o Pleno Municipal, en sesión do 7 de xullo de 1995, adoptou o acordo do que se transcribe literalmente a parte dispositiva.

«3º.-Aprobación inicial de modificación de normas subsidiarias de planeamento de Xove.

(...) Logo de deliberación polo Pleno Municipal, visto informe de secretaría, por oito votos a favor e tres en contra, con votación ordinaria, reunindo maioría absoluta legal, acórdase:

Primeiro: a aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias de planeamento de Xove, segundo a documentación elaborada por Enxeñería do Atlántico, S.A.

Segundo: a exposición pública do acordo de aprobación de modificación polo prazo de un mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 128.1º do

texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana (Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño).

Terceiro: a publicación dos edictos correspondentes no BOP, no DOG e nun dos diarios de maior circulación de Galicia.

Cuarto: facultar á Alcaldía-Presidencia para cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para a boa fin dos acordos adoptados».

E para que conste, expido e asino o presente edicto, co visto e prace do alcalde accidental, coa salvidade do artigo 206 do R.O.F., en Xove (Lugo) o dezanove de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1995

(Decreto 335/1994, do 3 de novembro,

DOG do 10 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 300 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 600 pesetas/liña de 54 espacios.