Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 04 de agosto de 1995 Páx. 6.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995 pola que se convoca concurso aberto para realizar traballos específicos e concretos non habituais da Administración en materia informática.

1. Obxecto.-Contratación de sete técnicos informáticos para a realización de traballos específicos e concretos non habituais da Administración mediante o sistema de concurso aberto, que detallamos a seguir:

a) Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de licencias de caza, pesca fluvial e embarcacións deportivas.

b) Contratación dun técnico informático para o mantemento, avaliación e control dos medios informáticos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

c) Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de vehículos e realización de traballos auxiliares na aplicación de auxiios da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias.

d) Contratación dun técnico informático para o mantemento e desenvolvemento da aplicación informática de subvencións.

e) Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de xestión e control da contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

f) Contratación dun técnico informático para o mantemento da ofimática, formación de usuarios e xestión e planificación das redes informáticas.

g) Contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas en contorno local e mantemento das redes de área local.

2. Orzamento de licitación.-5.142.000 ptas., en tódolos apartados.

3. Exposición do proxecto e pregos.-O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados en días e horas de oficina no Servicio de Contratación da Secretaría Xeral da consellería, en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

4. Presentación e apertura de proposicións.-As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das vías admitidas na lexislación vixente, antes das 13 horas do día 30 de agosto de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 13 horas do día 31 de agosto de 1995.

5. Gastos de publicación.-O importe do presente anuncio correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes

95-5287