Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1995, da Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde, pola que se dá publicidade ó acordo do xurado constituído para a adxudicación do premio de ideas para a creación dos elementos base de identidade corporativa do Servicio Galego de Saúde.

Mediante Orde do 8 de maio de 1995 (DOG número 94, do 18 de maio) convócase concurso do premio de ideas para a creación dos elemento base de identidade corporativa do Servicio Galego de Saúde.

Na base sexta da dita convocatoria establécese que os traballos presentados serán avaliados por unha comisión, composta por especialistas na materia, da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo e das escolas de Arte de Lugo e Ourense, que proporán os finalistas ó xurado co fin de que este seleccione o gañador.

Vista a proposta realizada pola dita comisión, o xurado contituído ó amparo do establecido na base sétima da Orde do 8 de maio de 1995, pola que se convoca concurso do premio de ideas para a creación dos elementos base de identidade corporativa do Servicio Galego de Saúde, na súa reunión do día 17 de xullo de 1995,

ACORDOU:

Elixir gañador o traballo presentado baixo o pseudónimo Camaleón, do que resulta ser autor a persoa xurídica: Conexión Gráfica, S.A.L.. CIF A-15508716, e concederlle o premio por importe de 500.000 ptas.

Deixar como finalista para os efectos do establecido na base novena da convocatoria, o traballo presentado baixo o pseudónimo Nabucodonosor, do que resulta se autor a persoa física: Víctor Manuel González González, con DNI 34.930.389 e concederlle un accésit de 100.000 ptas.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 1995.

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

95-5378