Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza número 94/0106.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3-1971). Corrección de erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Courña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do

día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán faciltiados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, caber formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña o 24 de maio de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador número: Caza 94/0106.

Denunciado: Santiago Sánchez Codesido.

DNI: 33.253.667.

Último enderezo coñecido: r/ Sandino, 86 A - Sar. Santiago de Compostela (A Coruña).

Feitos imputados: cazar sen permiso do couto.

Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 48.1º 8.

Cualificación infracción: 48.1º 8.

Sanción: 5.000 ptas.

95-5379