Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (C-193/93 e cinco máis) (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 22 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-193/93Angel Cerviño Porto

r/ Cambra-Monteporreiro-

Pontevedra

Cazar no couto PO-10.086, sen ser socio.Art. 48.1º 8º

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

4.000
C-16/94Manuel Lorenzo Lorenzo

r/ Joaquín Costa, 42-2º B

Pontevedra

Cazar no couto PO-10.086 sen permiso.Art. 48.1º 8º

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

4000
C-48/94Manuel Cuíñas García

Oitaven, 7-5º A

A Caeira-Pontevedra

Non impedir que os cans vaguen sen control en terreos de aproveitamento común en época de veda.Art. 48.3º 26º

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

1.000
C-49/94Ramiro Ramirez Lorenzo

r/ Pardo Bazán, 12-baixo

Pontevedra

Nom impedir que os cans vaguen sen control en terreos de aproveitamento común en época de veda.Art. 48.3º 26º

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

1.000
C-59/94José Tato Alonso

Camiño do Concello, 35

Beade-Vigo

Adestrar cans en época de veda.Art. 48.2º 25º

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

2.500
C-80/94José Fernando Martínez

Rodríguez

Avda. Castelao, 18-1º B

Arcade-Soutomayor

Adestrar cans de caza nun lugar e época non autorizada.Art. 48.2º 25º

da Lei 1/1970, de caza

48 da Lei 1/1970,

de caza

2.500

95-4190