Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 03 de agosto de 1995 Páx. 6.212

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ACORDO do 4 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros da revisión salarial do convenio colectivo do sector da construcción.

Advertidos erros materiais na publicación da revisión de táboa de salarios do convenio 1994, para o sector da construcción da provincia de Pontevedra, publicado no DOG número 123, do 28 de xuño de 1995, esta autoridade laboral en uso das facultades conferidas polo artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime jurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

ACORDA:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da seguinte corrección de erros da revisión salarial do convenio colectivo anteriormente referenciado, na seguinte forma:

-Na páxina 5.095 do citado DOG, no recadro Plus Transporte, mes, nas columnas que di: «10.171», debe dicir: «10.717».

-Na mesma páxina, plus transporte día, o aprendiz 18, di: «531», e debe dicir: «aprendiz 18, 326», e onde di: «aprendiz 16/18, 531», debe dicir: «aprendiz 16/18, 326»-

Vigo, 4 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

95-04601