Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

EDICTO do 17 de xullo de 1995 polo que se anuncia a aprobación inicial do Plan Parcial do Parque Empresarial de Xove.

Exposición pública.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria do 7 de xullo de 1995, por maioría absoluta legal aprobou inicialmente o Plan Parcial do Parque Empresarial de Xove, segundo o proxecto redactado por Xestur-Lugo (IGVS).

De conformidade co disposto nos artigos 83 e 116 do texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana (R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño) e 58 e 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública por prazo de un mes na secretaría do concello.

Xove, 17 de xullo de 1995.

Antonio Rey Álvarez

Alcalde accidental

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

ANEXO

Manuel Díaz Sánchez, licencado en dereito, secretairo do Concello de Xove (Lugo).

Certifico:

Que o Pleno Municipal, en sesión de 7 de xullo de 1995, adoptou o acordo do que se transcribe literalmente a parte dispositiva:

«4º.-Aprobación inicial do Plan Parcial do Parque Empresarial de Xove.

(...) Trala deliberación indicada, por proposta da alcaldía, visto informe da secretaría, reunindo maioría absoluita legal por oito votos a favor, dous en contra e unha abstención, o Pleno Municipal,

ACORDA:

Primeiro.-A aprobación inicial do Plan Parcial do Parque Empresarial de Xove, segundo documentación elaborada por Xestur-Lugo, (IGVS) de conformidade cos arts. 83 e 116 do texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana.

Segundo.-A exposición pública do acordo de aprobación inicial do plan parcial por prazo de un mes, de conformidade co disposto no apartado a) do Art. 116 do texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana (Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño).

Terceiro.-A publicación dos edictos correspondentes no BOP, no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia.

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

Cuarto.-O acordo de aprobación do plan parcial lígase e condiciona na validez dos aspectos nos que proceda, pola aprobación da modificación das normas subsidiarias efectuada.

Quinto.-Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición nas áreas obxecto do plan parcial.

Sexto.-Acordar que o sistema de actuación sexa o de expropiación, de conformidade co Art. 172 e seguintes da lei, sen prexuízo da realización de adquisicións voluntarias que poidan realizarse.

Sétimo.-Faculta á Alcaldía-Presidencia para cantos actos, trámites ou xestións sexan procedentes para o bo fin dos acordos adoptado.

E para a súa constancia, expido e asino o presente co visto e prace do alcalde accidental, Antonio Rey Álvarez, coa salvidade do artigo 206 do Regulamento, de organización e réxime xurídico en Xove (Lugo), dezasete de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Vº e prace

O alcalde accidental

O secretario

Rubricado