Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

RESOLUCIÓN da alcaldía.

De acordo co previsto nas bases da convocatoria, aprobadas polo Pleno da Corporación Municipal con data do 27 de febreiro de 1995, e publicadas no BOP nº 110, do 15 de maio, e Diario Oficial de Galicia do 5 de maio. resolvín proceder á convocatoria do concurso-oposición para a provisión dunha praza de asistente social deste concello.

Esta convocatoria faise pública no BOP da Coruña, no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de edictos do concello.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de rois, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó que apareza a derradeira das publicacións citadas. Poderán, así mesmo, presentarse por calquera das fórmulas establecidas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Dado en Rois o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e cinco.

Enrique J. Tojo Blanco

Alcalde

5288