Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Mércores, 02 de agosto de 1995 Páx. 6.173

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se adxudican as bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma convocadas no anexo III á Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril).

A orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 20 de marzo de 1995 (DOG do 4 de abril) pola que se aproban as bases polas que

se rexerán as convocatorias de bolsas e axudas de apoio á formación e actualización do persoal investigador prevé, no seu anexo III, a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma.

De acordo co establecido na base 8 do dito anexo, desde o 15 ó 26 de xuño expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, os interesados poderán durante ese mesmo período, formular reclamacións para emendar erros e faltas de documentos.

Rematado este prazo e estudiadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron avaliadas pola Comisión de Selección de Política Científica creada por Decreto 160/1991, do 16 de maio (DOG do 28 de maio) e orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 27 de xullo de 1994 (DOG do 10 de agosto).

En consecuencia, atendendo á proposta elaborada pola Comisión de Selección de Política Científica, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder bolsa para estadías fóra da Comunidade Autónoma ás persoas que se citan no anexo á presente resolución, para realizar investigación nos centros que se indican, durante o período de tempo que se especifica e na contía que se sinala en cada caso.

Segundo.-O pagamento das bolsas farase segundo o establecido no punto 4 das bases da convocatoria.

Terceiro.-A Dirección Xeral de Universidades e Investigación adoptará as medidas necesarias para a formalización dos documentos de aceptación das bolsas ós que se fai referencia na base 12 da mencionada convocatoria e para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de marzo de 1995, suporá a perda do dereito a percibi-

la subvención correspondente.

Quinto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de un mes contado a partir da data de publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-5341