Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 13 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se sinala data para pagamentos do xusto prezo da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 51313).

Fáiselles saber a todolos propietarios dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV de Campo Maneiro a Bealo, da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías nº 2, 15004 A Coruña, que para os pagamentos do prezo xusto por expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, conforme as indemnizacións acordadas polo Xurado Provincial de Expropiación, se sinala o día 30 de agosto de 1995, ás 12 horas, na Casa do Concello de Rianxo.

Os pagamentos corresponderanse cos predios e interesados contidos na lista que se remite ó citado concello, e verificaranse de conformidade cos artigos 48, 49 e 50 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957.

A Coruña, 13 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9505067