Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.142

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4264 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subterránea e C.T. en edificio Os Molineros, rúa da Lamestra, en Burela, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., a instalación de liña de media tensión subterránea, a 20 kV, con orixe no C.T. Rego Vázquez e final no C.T. que se vai instalar, cunha lonxitude de 343 metros, conductor D.H.V. 15/25, de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 5400 kVA 20.000 ± 5%, 398/230 V, para dar servicio eléctrico ó edificio Os Molineros, rúa da Lamestra, en Burela.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 25 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5295