Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/20-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: SCP de vivendas ó servicio A.A.

Enderezo social: Hórreo, 39 - B, 15700 Santiago.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T., SCP vivendas Admón. autonómica.

Situación: Vidán. Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña de media tensión aero-subterránea a 20 kV, que parte da L.M.T. de subestación de Santiago de Compostela 2 á Rocha e remate en C.T. caseta de 1.700 kVA a 380/220 voltios, nunha lonxitude de 440 m, en conductor R.H.V. de 3(1x95 mm) a 15/25 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de xuño de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-5198