Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.115

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (45/1995).

Eu, secretaria, Violeta Reboredo Otero, dou fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 45/1995, seguido por instancia de Construcciones Orois, S.L., representados pola procuradora Pernas Grobas, contra Mª del Carmen Vázquez López, declarados en rebeldía e en paradoiro descoñecido.

Nas ditas actuacións dictouse a sentencia que na súa parte dispositiva di literalmente:

«Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a María del Carmen Vázquez López, con domicilio descoñecido, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantiade de 378.000 pesetas, importe de principal, e 150.000 pesetas orzadas para xuros e custas pactados ata a data invocada, e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas, ó pagamento das cales debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderase interpor neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que produza os efectos oportunos, expido o presente edicto en Arzúa o 7 de xuño de 1995.

Rubricado

95-4512