Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.109

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1995 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante no Valedor do Pobo.

En uso das atribucións conferidas polo artigo 10.2º da Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor de Pobo, modificada pola Lei 3/1994, do 18 de xullo, o Valedor de Pobo,

RESOLVE:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indican no anexo I desta resolución.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Valedor do Pobo, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán engadirlle a súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo en calquera Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicio concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, que se relaciona no anexo I se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior estivese na mesma localidade, ou de un mes, se estivese en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse desde o día seguinte ó do seu cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no Diario Oficial de Galicia ou desde a data

na que se lles comunique a resolución do traslado a esta institución para o caso dos funcionarios doutras adminitracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servico activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde a data seguinte á da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Se o funcionario seleccionado provén das administracións públicas galegas, parlamentaria, local ou da Comunidade Autónoma, terá dereito a ser declarado na situación administrativa prevista no artigo 10.3º da Lei do Valedor do Pobo.

Noveno.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta institución, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1995.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: xefe de servicio.

Centro directivo: Valedor do Pobo.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 2.145.374.

Grupo: A.

Corpo/Escala: funcionarios de Administración xeral/especial.

Titulación: titulación superior.

Méritos preferentes:

-Ter experiencia superior a 5 anos.

-Formación xurídica.

4173