Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.066

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de xuño de 1995 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista a Viajes Salnés, co nº XG-161 e casa central na rúa Benitiño, 48 de Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra).

Visto o expediente instruído por instancia de David Caramés Pombo, en calidade de titular de Viajes Salnés, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxxes do grupo minorista.

Resultando que, coa referida solicitude acompañouse a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que, tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que, na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Ley 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e o Decreto 155/1989 do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Artigo único.-Concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista, co nº XG-161, a Viajes Salnés, con casa central na r/ Benitiño, 48 de Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra), que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ós preceptos do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4982