Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 28 de xullo de 1995 Páx. 6.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1995 pola que se aproba a convocatoria de concurso específico entre funcionarios, para a provisión de postos de traballo vacantes nesta corporación, de conformidade coas normas de provisión aprobadas polo Pleno da Corporación na sesión do 24 de abril de 1992.

BASES:

I. Vacantes.

Convócase concurso específico entre funcionarios para prover postos de traballo actualmente vacantes, cos requisitos e condicións correspondentes que se relacionan no anexo I.

II. Aspirantes.

1. Poderán participar no presente concurso os funcionarios de carreira da Administración da Comunidade Autónoma galega e das corporacións locais comprendidas dentro do ámbito territorial desa Comunidade Autónoma, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto os suspensos en firme, que non poderán participar mentres dure a suspensión, sempre que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes teñan transcorridos dous anos desde a toma de posesión no último posto de traballo obtido por concurso ou libre designación, agás que fosen removidos do seu anterior destino obtido mediante concurso ou libre designación antes de ter transcorrido dous anos desde a correspondente toma de posesión, ou procedan dun posto de traballo suprimido; e reúnan as condicións xerais esixidas e os requisitos determinados na convocatoria na data que remate o prazo de presentacións de instancias.

2. As solicitudes dirixiranse ó órgano convocante e conterán, de seren varios os postos solicitados, a orde de preferencia entre eles.

3. Os funcionarios con algunha discapacidade poderán instar na propia solicitude de vacantes a adaptación do posto ou postos de traballo solicitados, sempre que non supoñan unha modificación exorbitante no contexto da organización. A comisión de valoración poderalle solicitar ó interesado, en entrevista persoal, a información que coide necesaria para a adaptación aducida, así como o dictame dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria e, se é o caso, da Comunidade Autónoma correspondente, tocante á procedencia da adaptación e da compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións do posto concreto. Neste suposto, a resolución do concurso nos postos afectados directa ou indirectamente, producirase despois de que reciba, analice e avalíe a comisión de valoración os informes pertinentes.

III. Méritos.

En atención á natureza dos postos que se van cubrir na presente convocatoria e á necesidade de adecuación de méritos específicos para o seu desempeño, o concurso dividirase en dúas fases, cunha puntuación máxima de 100 puntos:

A) Primeira fase:

Os méritos valoraranse nela ata un máximo de 60 puntos e conforme ó seguinte baremo:

1.a) Por ter consolidado un grao persoal de igual ou superior nivel ó do posto que se solicita: 15 puntos.

b) Por ter consolidado un grao persoal ata dous niveis inferior ó do posto que se solicita: 13 puntos.

c) Por ter consolidado un grao persoal ata catro niveis inferior ó do posto que se solicita: 11 puntos.

O funcionario que participe no presente concurso e teña un grao persoal consolidado ou que poida ser consolidado durante o período de presentación de instancias, deberá solicitar do órgano ou unidade á que se refire a base V que a dita circunstancia quede expresamente reflectida no anexo III (certificado de méritos).

2. O traballo desenvolvido valorarase ata un máximo de 25 puntos tendo en conta a natureza das funcións encomendadas e conforme o seguinte:

a) Polo desempeño de postos de traballo ou funcións en unidades de contido análogo ou similar á de adscrición do posto de traballo que se solicita en deputacións ou concellos con orzamentos superiores a 1.000 millóns de pesetas e con nivel de xefatura: 4 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses ata un máximo de 15 puntos.

b) Polo desempeño de postos de traballo ou funcións en unidades de contido análogo ou similar á de adscrición do posto de traballo que se solicita nas corporacións citadas no apartado anterior e sen nivel de xefatura: 3 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses ata un máximo de 15 puntos.

c) Polo desempeño de postos de traballo ou funcións en unidades de contido análogo ou similar á de adscrición do posto de traballo que se solicita noutras administracións, organismos ou empresas públicas: 2 puntos por ano traballado ou fracción superior a seis meses ata un máximo de 15 puntos.

Os prazos mencionados nos apartados anteriores contaranse desde a data de toma de posesión do último destino obtido por concurso, libre designación ou por novo ingreso, ou ben por comisión de servicios cando a duración desta sexa superior a seis meses, de xeito que os postos desempeñados en comisión de servicios soamente obterán puntuación polo formulado neste apartado cando a súa duración sexa superior a seis meses, en caso contrario, puntuarase o último posto definitivo.

No caso dos funcionarios procedentes das situacións de excedencia voluntaria en calquera das súas modalidades, excedencia por coidado de fillos, expectativa de destino, excedencia forzosa, servicios especiais e suspensión de funcións, atenderase ó nivel do último posto que desempeñaban en activo ou, no seu defecto, atribuiráselle-lo nivel mínimo correspondente ó grupo en que se clasifique o seu corpo ou escala.

3. Con carácter xeral, só se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento convocados polo MAP, INAP, IXAE, EGAP, Deputación Provincial da Coruña ou outras entidades públicas, sobre materias directamente relacionadas coas técnicas informáticas ou cos aspectos funcionais das aplicacións, así como coas funcións dos postos convocados, nos que se expedira diploma e/ou certificación de asistencia e/ou, se é o caso, de aproveitamento ou impartición, ata un máximo de 10 puntos.

3.1. Pola participación ou superación como alumnos: 2 puntos por cada curso.

3.2. Pola participación como profesor: 2,5 puntos por curso. Aqueles funcionarios que aleguen impartición de cursos na súa solicitude, deberán xunta-los xustificantes pertinentes.

4. A antigüidade valorarase a razón de 2 puntos por ano completo de servicio, ata un máximo de 10 puntos. Para estes efectos, tamén se computarán os

servicios prestados con carácter previo ó ingreso no corpo ou escala recoñecidos ó abeiro da Lei 70/1978.

Non se computarán, para efectos de antigüidade, servicios prestados simultaneamente a outros igualmente alegados.

Para superar esta primeira fase do concurso, os funcionarios deberán acada-la puntuación mínima parcial de 15 puntos e que se obterá sumando as puntuacións acadadas polo candidato nos apartados 1, 2, 3 e 4 da presente base.

B) Segunda fase:

Valoraranse os méritos específicos adecuados ás características de cada posto de traballo, ata un máximo de 40 puntos e segundo o seguinte criterio:

1. Aspectos relativos á xestión e coordinación de actividades informáticas en áreas ou servicios que presten asistencia técnica ós municipios ou soporte á xestión tributaria e/ou recadatoria deles: 5 puntos por ano ou fracción superior a seis meses, ata un máximo de 15 puntos.

2. Aspectos referentes á concepción, análise, deseño e control do desenvolvemento en proxectos relacionados coas áreas mencionadas no apartado anterior: 3 puntos por proxecto, ata un máximo de 15 puntos.

Tódolos méritos alegados polos concursantes, adecuados ás características do posto ou postos solicitados, deberán ser acreditados documentalmente mediante as pertinentes certificacións, xustificantes ou calquera outro medio admitido.

Cada candidato deberá presentar, xunto coa instancia, o currículum vitae. Ademais, e para efectos de valoración e comprobación dos méritos adecuados ó posto de traballo, os aspirantes deberán achegar á súa instancia unha memoria por cada posto solicitado. A dita memoria consistirá nunha análise das tarefas do posto e dos requisitos, condicións e medios necesarios para o seu desempeño, a xuízo do candidato, baseándose na descrición do posto contida no anexo I.

Ademais dos aspectos xerais referidos no apartado anterior, a memoria debe considera-los específicos dos sistemas concretos dos servicios de asistencia a municipios e de xestión, recadación e inspección tributaria, dado que as xefaturas de sección que se convocan reportarán funcionalmente ós responsables destes servicios, tal e como se especifica na documentación do acordo plenario do 9 de decembro de 1993 nas que se aproban as modificacións do catálogo. Referiranse nos aspectos específicos as seguintes cuestións:

-A integración da información.

-A integración de control derivada da pauta procedemental e condicionante da integración anterior.

-A integración tecnolóxica consecuente.

A extensión da dita memoria será, como máximo, de dez follas en tamaño DIN-A4, mecanografadas a dobre espacio por unha soa cara.

A comisión de valoración poderá, opcionalmente, citar a algún dos solicitantes para a realización de entrevistas, baseadas no contido da memoria.

A valoración dos méritos efectuarase mediante puntuación obtida da media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión, desbotando a máxima e mínima concedidas ou, se é o caso, unha das que apareza repetidas como tales. Para superar esta segunda fase do concurso, os candidatos deberán acada-la puntuación mínima parcial de 10 puntos.

A puntuación total obtida polos candidatos virá dada pola suma das puntuacións outorgadas ós concursantes en cada unha das dúas fases anteriormente descritas.

IV. Datos.

Os datos relativos ás circunstancias persoais e administrativas dos concursantes, así como os concernentes ós méritos que se aduzan, terán que acreditarse debidamente e han se-los que en efecto correspondan á data de finalización do prazo de presentación de instancias.

V. Documentación.

1. A xustificación das circunstancias persoais e administrativas do concursante, así como a súa situación e antigüidade, deben efectuarse mediante certificacións axustadas ó modelo que figura no anexo III, que deberán ser expedidas por:

a) A Dirección Xeral da Función Pública da Comunidade Autónoma ou organismo competente, tocante ó persoal destinado en comunidades autónomas.

b) O secretario xeral da corporación, tocante ó persoal das corporacións locais.

2. Os funcionarios procedentes da situación de suspensión firme de funcións, excedencia voluntaria en calquera das súas modalidades, excedencia polo coidado de fillos, expectativa de destino ou excedencia forzosa, xuntarán á súa solicitude declaración de que non foron separados do servicio en calquera das administracións públicas nin estar inhabilitados para cargo público.

3. Os que participen no concurso estando en situación de suspensos firmes, deberán achegar certificado oficial no que conste a data de cumprimento da sanción.

4. Tamén haberán de acreditarse documentalmente, mediante certificado expedido para o efecto, os méritos que os interesados aleguen como determinantes para a súa idoneidade.

5. Os interesados deberán achegar á solicitude fotocopia do documento nacional de identidade.

6. No caso de estar interesados nas vacantes que se anuncian neste concurso dous funcionarios, poderán condiciona-la súa petición, por razóns de convivencia familiar, ó feito de que ámbolos dous obteñan un posto de traballo, entendéndose en caso contrario anulada a petición efectuada por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán

concretalo na súa instancia e achegar unha fotocopia da petición do outro funcionario.

VI. Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte no presente concurso, dirixidas ó presidente da Deputación Provincial da Coruña, e axustadas ó anexo II da presente convocatoria, presentaranse no prazo de quince días hábiles, a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral desta deputación ou nas oficinas referidas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

VII. Resolución.

1. A valoración dos méritos para adxudica-los postos de traballo vacantes, efectuarase por unha comisión composta polos seguintes membros:

Presidente: o da corporación ou deputado no que delegue.

Vocais:

-O xefe do servicio ou superior xerárquico ó que estea adscrito o posto de traballo obxecto do concurso.

-O interventor xeral ou secretario xeral, segundo que o posto estea adscrito ou non organicamente á área económica.

-Un representante nomeado pola xunta de persoal.

Secretario: o xefe do Servicio de Persoal.

Os membros da comisión deberán pertencer ós grupos de titulación igual ou superior á esixida para os postos convocados, tendo dereito a percibi-las indemnizacións correspondentes por participación en órganos de selección do persoal, previstas no Real decreto 236/88 e demais lexislación complementaria.

A comisión poderá solicitar da autoridade convocante a designación de expertos que en calidade de asesores actuarán con voz pero sen voto.

A comisión elevará á autoridade competente a correspondente proposta para adxudica-los postos, conforme as avaliacións, sen prexuízo do que se establece nos apartados seguintes:

a) A orde principal para adxudica-los postos determinarase pola puntuación obtida, conforme co baremo establecido na base III «Méritos».

b) No caso de empate nas puntuacións, acudirase para dirimilo ás outorgadas nos méritos alegados, pola orde establecida na base III, A), 1, 2, 3, 4 e B).

De persisti-lo empate, atenderase ó maior tempo de servicios efectivos prestados en calquera das administracións públicas e, se é o mesmo, á maior idade.

2. Unha vez valoradas as memorias e, se é o caso, celebradas as defensas destas a que se refire o apartado B).b) da base III, poderá declararse deserto o posto convocado se, a xuízo da comisión de valoración, ningún dos candidatos que concorren a el reunira os requisitos esixidos para desempeñalo ou por non supera-las puntuacións mínimas requiridas.

O prazo para a resolución do concurso será de dous meses desde o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de instancias.

3. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que, con anterioridade á finalización do prazo de toma de posesión, os interesados obteñan outro destino, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, caso no que poderán optar por un dos dous, quedando obrigados a comunicar por escrito nos tres días seguintes a opción realizada.

4. Unha vez formulada a proposta pola comisión de valoración, o presente concurso será resolto polo presidente da corporación, sendo publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia.

5. O prazo de toma de posesión no novo destino obtido será de tres días hábiles, se radica na mesma localidade, ou de un mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efec

tuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución definitiva do concurso, así como o cambio da situación administrativa que en cada caso corresponda. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá contarse desde a súa publicación.

O cómputo do prazo para efectua-lo correspondente cesamento no seu anterior destino non se iniciará mentres non finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, fosen concedidos ós interesados.

6. A presente convocatoria e os actos derivados desta poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 12 de xullo de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

Luis Almau Supervía

Secretario

ANEXO I

DenominaciónNº postosAdscriciónEscalaGrupoNivelC. específicoDescriciónMéritos
C.D.específicos
Xefe sección informática distribuída2Servicio de informáticaA.E.A24853.332 ptas.Dirección e coordinación das actividades en desaenvolvemento e mantemento de aplicaciónsOs que concreten a función informática ó apoio das funcións das áreas ou servicios ós que han reportar

FUNCIÓNS

-Representa-los intereses informáticos dos servicios ou áreas que teñan asignados, reportando funcionalmente para iso e nas tales cuestións ós seus xefes ou responsables.

-Promover proxectos e asistir tecnicamente ós xefes dos servicios ou áreas que representen, para a preparación da documentación de petición de desenvolvementos.

-Xestionar, por proxectos, o desenvolvemento e mantemento de sistemas e aplicacións principais e subsidiarias de utilización departamental ou local e explotación distribuída.

-Atender ós protocolos que esixen os sistemas centrais para enlaza-los sistemas e aplicacións distribuídas, cumprindo o compromiso que estas teñen de subministrar datos e incorporando nos desenvolvementos os módulos precisos.

-Realiza-los estudios previos.

-Supervisa-la actividade de análise funcional e orgánica/técnica.

-Supervisa-los deseños conceptuais, lóxicos e físicos.

-Defini-las normas e procedementos de utilización.

-Informar e formar ó persoal afectado tanto técnico como usuario.

-Planificar detalladamento os proxectos.

-Controla-los recursos asignados ós proxectos.

-Supervisar e controla-la proba e posta a punto dos sistemas.

-Supervisar e coordinar, en colaboración co xefe de técnica de sistemas, a posta en marcha do desenvolvido.

-Asistir ó xefe do Servicio de Informática na estimación de tempos e recursos de proxectos.

-Controla-lo rendemento do persoal técnico.

-Investiga-las necesidades de formación.