Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 6 de xullo de 1995, pola que se declara deserto o concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de Cangas (Pontevedra).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos

212/1979 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de trasferencias en materia de transportes, e con base na proposta formulada pola Mesa de Contratación do concurso,

RESOLVE:

Declarar o concurso de proxecto e construcción da estación de autobuses de Cangas (Pontevedra), de conformidade co establecido no artigo 75.3º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

O que, en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, se notifica, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1995.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14-12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4436