Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.961

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1995 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 94/057 e 94/059 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 94/057 e 94/059, convocadas por resolución rectoral do 21 de decembro de 1994 (BOE de 19 de xaneiro de 1995), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, a contar desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 16 de xuño de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: tecnoloxía do medio ambiente.

Praza número: 94/057.

Comisión titular:

Presidente: Tejero Monzón, Juan Ignacio, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Fisac Herrero, Juan Manuel, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais:

Hontoria García, Ernesto Javier, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Almazán Garate, José Luis, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Rubio Bosch, José, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Hernández Muñoz, Aurelio Félix, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Rodríguez Frutos, José Luis, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Vocais:

Mujeriego Sahuquillo, Lorenzo Rafael, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Blanco Andray, Alfredo, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Quiroga Alonso, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Cádiz.

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería e infraestructura dos transportes.

Praza número: 94/059.

Comisión titular:

Presidente: García Díaz de Villegas, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Cantabria.

Secretario: Calzada Pérez, Miguel Ángel, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocais:

López Pita, Andrés, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Virgili Rodón, Guillermo, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Pesquera y González, Miguel Ángel, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Comisión suplente:

Presidente: Colomer Ferrandiz, J. Vicente, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Secretario: Peña Fustes, José María, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais:

Puy Huarte, José, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

De Esteban Chaparria, Vicent Josep, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Serra Peris, José Cristobal, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

95-04668