Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.960

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 12 de xullo de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Industria e Comercio.

Convocada por Orde do 1 de xuño de 1995 (DOG número 117, do 20 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da dita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio, anunciada pola Orde do 1 de xuño de 1995 (DOG nº 117, do 20 de xuño).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conrforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-O centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos recollidos no apartado anterior, a dilixencia de toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO

Nº rexistro persoal: 3277659113 A2064

Grupo: A.

Apelidos e nome: Ordas Badia, Ramón.

Posto de traballo: subdirector xeral de Enerxía e Minas.

Código posto: IC.C03.00.001.15770.001.

Nivel C.D.: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria.

Localidade: Santiago de Compostela.

9504613