Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 27 de xullo de 1995 Páx. 5.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fan públicas as listas de aspirantes admitidos e excluídos nas axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

Por Orde do 30 de marzo de 1995 (DOG nº 90, do 11 de maio), convócanse axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios españois matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1994/1995, establecéndose que a Dirección Xeral de Universidades e Investigación, logo de comprobar que tódalas solicitudes reúnen os requisitos establecidos na citada orde, publicará unha resolución no DOG, indicando os lugares onde estarán expostas as listas de admitidos e excluídos, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión.

Polo tanto, esta dirección xeral, logo de comproba-las solicitudes presentadas,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións provisionais dos solicitantes admitidos e excluídos nas accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, que a continuación se sinalan:

1. Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas (anexo I).

2. Axudas a estudiantes das universidades galegas para realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico (anexo II).

3. Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC curso (1994-1995) dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios en universidades de forá de Galicia (anexo IV).

4. Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudio correspondentes ás titulacións universitarias autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas (anexo V).

5. Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado menbro da Unión Europea co obxecto de coñece-la lingua dese país (anexo VI).

6. Axudas complementarias do programa de acción da Unión Europea de mobilidade de estudiantes (ERASMUS) (anexo VII).

Segundo.-As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, dos rectorados das tres universidades de Galicia e na Oficina de Información Administrativa da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nelas indicarase, se é o caso, a causa ou causas de exclusión.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación perante a Dirección Xeral de Universidades e Investigación no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1995.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

9505293