Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos nos centros integrantes do complexo.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos sólidos nos hospitais integrantes do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, sen custo para a Administración, financiándose o servicio mediante cobro ós usuarios del.

Prazo de execución: a duración do contrato será desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 1995. Antes da finalización poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, Rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

a) Provisional: cen mil pesetas (100.000 ptas.).

b) Definitiva: duascentas mil pesetas (200.000 ptas.).

Constituiranse segundo o disposto no artigo 112 da LCE do 8 de abril de 1965 e artigos 340 e 376 do seu regulamento.

Clasificación: non se exige.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral de calquera dos centros Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15805 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contración.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, en caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

95-5035