Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1995, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de lavandería e transporte de roupa nos centros integrantes do complexo.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e logo de autorización do director xeral do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de lavandería e transporte de roupa.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de lavandería e transporte de roupa nos centros integrantes do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, por un importe total máximo de noventa e catro pesetas (94 ptas.) por quilogramo de roupa procesada, sen que poida superar un total de setenta millóns cincocentas mil pesetas (70.500.0000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución: a duración do contrato será desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 1995. Antes da finalización poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, Rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación. (2.820.000 ptas.).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto no artigo 112 da LCE do 8 de abril de 1965 e artigos 340 e 376 do seu regulamento.

Clasificación: as empresas licitantes deberán acreditar clasificación no grupo 3, subgrupo 8, categoría D, como mínimo.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral de calquera dos centros Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras, s/n, 15805 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contración.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas, en caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

95-5034