Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4302 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA). R/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: reelectrificación de Roibás (Begonte).

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Características principais: liña de media tensión, a 20 kV, con conductor LA-56, sobre torres metálicas, segundo RU6704A, e postes de formigón, cunha lonxitude de 745 metros. Centro de transformación de 50 kVA, instalado sobre torre metálica ó final da liña de media tensión, coa relación 20 kV / 380-220 V. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-95-50-25, tensado sobre poste de formigón ou grampado sobre fachada, para mellora da subministración no lugar de Roibás, no concello de Begonte.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 6.021.637 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 15 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4645