Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 26 de xullo de 1995 Páx. 5.912

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 175/1995, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo á inspección e réxime sancionador.

Advertidos erros no texto do devandito decreto, publicado no DOG nº 124, do pasado xoves 29 de xuño, cómpre face-las oportunas correccións:

-No artigo 21, onde di: «...impoñeranse nos graos mínimo...», debe dicir: «...as sancións impoñeranse nos graos mínimo...»

-No artigo 22.2 a), onde di: «as máis graves», debe dicir: «as moi graves».

-No artigo 23, onde di: «prescribirán o cabo», debe dicir: «prescribirán ó cabo».

95-5159