Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995 pola que se modifica a inscrición no Rexistro de Laboratorios Acreditados do Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción de G.O.C., S.L. en G.O.C., S.A. con domicilio en Barrio Xapón, 2 baixo, Chapela, 36800 Redondela (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990) e a orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990) e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE, conforme establecen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVEU

Inscribir a favor de G.O.C., S.A. con domicilio no Barrio Xapón, 2 baixo, Chapela, 36800 Redondela (Pontevedra) a acreditación de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción concedida por Resolución do 1 de outubro de 1992 (DOG do 19 de outubro) a G.O.C, S.L. na área de:

HF, Área de control de formigón fresco, co número 15037HF92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1995.

José Antonio Redondo López

Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

95-3321