Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de xuño de 1995 pola que se conceden axudas para a realización de accións de orientación profesional e estímulo da formación empresarial dos alumnos que remataron estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria no curso 1994-1995, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 20 de marzo de 1995 (DOG do 12 de abril) convocáronse axudas para a realización de actividades de formación empresarial dos alumnos que remataron estudios de formación profesional regrada ou de educación secundaria obrigatoria, da Comunidade Autónoma.

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 6º da devandita orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ós conceptos orzamentarios 07.04.322P.483.04 e 07.04.322P.483.09 da Dirección Xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Denegar, polas causas que se indican, as solicitudes que se relacionan no anexo II.

Terceiro.-De conformidade co punto oitavo da Orde do 20 de marzo de 1995, as axudas serán aboadas do seguinte xeito:

-O 10% da contía subvencionada logo da aceptación da devandita subvención, certificación do comezo da actividade por parte do director do centro onde se realiza esta, calendario das actividades e relación nominal e DNI dos asistentes e dos relatores.

-O 70% en concepto de pagamentos parciais.

-A cantidade restante librarase unha vez finalizada a actividade no momento da súa completa xustificación e entrega da súa memoria (en todo caso, antes do 6 de outubro), xuntando certificación de percibir ou non outras axudas e subvencións para a finalidade subvencionada, para o efecto do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime orzamentario.

Cuarto.-Nas convocatorias públicas, publicidade e propaganda das accións que se desenvolven ó abeiro desta orde, así como os lugares nos que se realizan as referidas accións, deberá figurar que están cofinanciadas pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e o Fondo Social Europeo, tódalas denominacións cos seus respectivos anagramas.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decem

bro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, logo de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

95-4178