Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 24 de xullo de 1995 Páx. 5.877

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

DECRETO 214/1995, do 20 de xullo, polo que se modifica o Decreto 205/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

En consonancia co artigo 30.I.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia, a Comunidade Autónoma posúe competencia exclusiva en materia de agricultura, dacordo coas bases e a ordenación da actividade económica xeral e a política monetaria do Estado, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e nos parágrafos 11 e 13 do número 1 do artigo 149 da Constitución.

De conformidade con aquela previsión estatutaria, por medio do Real dcreto 2165/1994, do 4 de novembro, acordouse o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Administración do Estado en materia de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria.

Ó asumir tan relevantes atribucións por medio do Decreto 393/1994, do 29 de decembro, o Consello da Xunta de Galicia decidiu asigna-los medios en cuestión á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Por mor da necesaria operatividade, e para garanti-la eficiencia na prestación deses novos servicios, é necesario adapta-la estructura orgánica desa consellería á nova realidade funcional da Administración autonómica.

En consecuencia, e por proposta do conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, co previo informe das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día, vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase, no artigo 6 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, de entre os servicios directamente dependentes do director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, apartado a), a denominación do Servicio de Calidade Agroalimentaria que pasará a tela seguinte:

«a) Servicio de Promoción Agroalimentaria».

Artigo 2º

Créase un novo Servicio de Defensa da Calidade Agroalimentaria, directamente dependente do director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, dentro do artigo 6 do Decreto 205/1990, do 15 de marzo, que terá as seguintes funcións:

«c) Servicio de Defensa da Calidade Agroalimentaria: coordinará os traballos do persoal transferido polo Real decreto 2165/1994, do 4 de novembro, en materia de defensa contra fraudes e calidade agroalimentaria, e velará polo cumprimento das tarefas administrativas precisas para o correcto exercicio dos servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia no referido real decreto. Do mesmo xeito,

desenvolverá todas aquelas actuacións relacionadas coa defensa da calidade dos productos agroalimentarios galegos».

Disposicións finais

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes para dicta-las normas complementarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

95-5243