Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO de información pública sobre o levantamento de actas previas.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 164/1995 (Diario Oficial de Galicia nº 113, do 14-6-1995) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados que se indican na relación que se publicou no BOP de Lugo, do 24-9-1994, fáiselles saber a tódolos afectados pola execución do proxecto liña M.T. ós centros de transformación de Reigada e Butano no concello de Monforte de Lemos, propiedade da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Coruña, r/ Fernando Macías, 2, que o representante da Administración dará comezo, sobre o terreo, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 24-9-1994 e expostas nos taboleiros oficiais

das casas dos concellos e no desta Delegación Provincial en Lugo, rúa Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados, que recibirán unha notificación individual na que se lles sinalarán o día e a hora en que terá lugar o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito perante esta delegación ata o momento do dito levantamento, para os únicos efectos de rectificaren posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 14 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5105