Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 21 de xullo de 1995 Páx. 5.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3973-anexo-A.T.).

Visto o expediente incoado no Servicio de Industria desta delegación provincial, a petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez 45, 32003 Ourense, solicitando autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais:

Liña aérea a 20 kV, de 152 m de lonxitude en conductor LA 110, derivada desde o apoio 20 da liña existente Panasalbas-Tamallancos, (3973 A.T.) e finalizará no C.T., existente en Tamallancos (Vilamarín).

Declarar, a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o peticionario dela coa aprobación do seu proxecto de execución, logo de cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 6 de junio de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5102