Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.825

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 1995, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para ingreso no corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de subinspección pesqueira, (grupo C), pola que se acorda a publicación da proposta de relación de aspirantes que superaron as devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 3 de xullo de 1995, o tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala

de subinspección pesqueira (grupo C), convocados por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 44, do 4 de marzo), e de conformidade co disposto nas bases II.2.4, III.14 e IV.1 da devandita orde de convocatoria,

ACORDOU:

Publica-la proposta de aspirantes, por orde de puntuación, que superaron as probas selectivas, incluíndose a valoración dos méritos das quendas de promoción interna e acceso libre.

Así mesmo, de acordo co disposto na base IV.1, o tribunal acordou elevarlle as ditas puntuacións ó director xeral de Función Pública.

A orde de puntuacións dos aspirantes establécese de acordo coa suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, tal e como dispón a base II.2.4 da convocatoria, sendo a que figura no anexo que se achega á presente resolución.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1995.

Amancio Landín Jaraíz

Presidente do tribunal

95-5090