Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 13 de xuño de 1995, pola que se exclúen do catálogo de montes de utilidade pública varios predios do monte Cadaval, Ruña e outros, nº 103-D do Concello de Mazaricos (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e en virtude do disposto no xuízo declarativo de menor contía nº 176/1992, promovido por María Pilar Agulleiro Cambeiro e Avida Agulleiro Cambeiro en acatamento da sentencia executoria, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por ter quedado firme a sentencia dictada pola sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña do 30 de setembro de 1994, os predios que se relacionan a seguir, propiedade das demandantes, e que formaban parte do montes Cadaval, Ruña e outros, nº 103-D do Concello de Mazaricos (A Coruña).

Predio A: chamado Riba da Pallagueira dunha extensión de 2 ha y 12 áreas, limitada polos piquetes a-1, a-2, a-3, a-4 e a-5 e que limita a tódolos ventos co monte Xestoso polo que forma un enclavado.

Predio B: chamado Costa dunha extensión de 63 áreas e 60 centiáreas, limitado polos piquetes b-1, b-2, b-3 e b-4 e que limita a tódolos ventos co monte Xestoso polo que forma un enclavado.

Predio C: chamado Va de Espiño dunha extensión de 25 áreas e 44 centiáreas, limitada polos piquetes c-1, c-2, c-3 e c-4 e que linda a tódolos ventos co monte Xestoso polo que forma un enclavado.

Predio D: chamado Canliño de 2 ha, 20 áreas e 48 centiáreas, limitado polos piquetes d-1, d-2, d-3 e d-4 e que limita a tódolos ventos co monte Xestoso polo que forma un enclavado.

Predio E: chamado Coviña dunha extensión de 1 ha, 69 áreas e 60 centiáreas, limitada polos piquetes e-1, e-2, e-3 e 3-4 e que limita a tódolos ventos co monte Xestoso polo que forma un enclavado.

Predio F: chamado Pedra Cabalgada dunha extensión de 1 ha, 52 áreas e 64 centiáreas, limitada polos piquetes f-1, f-2, f-3 e f-4 e que limita a tódolos ventos co monte Xestoso polos que forma un enclavado.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguiente ó da súa publicación en el Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

4415