Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 20 de xullo de 1995 Páx. 5.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de xuño de 1995 pola que se anuncia as probas de ingreso para o curso académico 1995/1996 no INEF de Galicia.

Advertidos os erros na referenciada orde, publicada no DOG nº 120, do 23 de xuño de 1995, cómpre efectua-la oportuna rectificación:

Na páxina 4.937, no anexo I, no punto 3, carreira de obstáculos, onde di: «Homes: 8 segundos e 75 centésimas, cronometraxe eléctrica (8'' 90 manual)», debe dicir: «Homes: 8 segundos e 90 centésimas, cronometraxe eléctrica (8'' 75 manual)»; e onde di: «Mulleres: 10 segundos e 40 centésimas cornometraxe eléctrica (10''55 manual)», debe dicir: «Mulleres: 10 segundos e 55 centésimas, cronometraxe eléctrica (10''40 manual).

A antedita corrección non reabre prazo de admisión de solicitude.

5094