Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.767

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 63-1/1995).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado I do proxecto de L.M.T., CC.TT. e R.B.T. Cornide.

Situación. Cornide-Arrigada (Cambre).

Características técnicas: modificado a expediente número 51722 consistente en:

Liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos e conductor LA-56 de 278 m de lonxitude, en tramo aéreo e baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 220 m de lonxitude en tramo subterráneo con orixe na liña a C.T. Amil (expediente número 26174) e remate en C.T. a instalar en Cornide.

Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cornide, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 325 m de lonxitude. Cambre.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4585