Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Compañía de Industrias Electroquímicas, S.A. (CEDIE, S.A.), de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Compañía de Industrias Electroquímicas, S.A. (CEDIE, S.A.) (código nº 3200072) de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22 de maio do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa en xuntanza celebrada o día 27 de abril de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicio da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 25 de maio de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

No Barco de Valdeorras ás 12 horas do día 27 de abril de 1995, reúnense na sala de reunións da Compañía Española de Industrias Electroquímicas, S.A.

-Pola empresa:

José Antonio Prieto San Juan.

-Polo comité de empresa:

José Paradelo Arias.

Joaquín Vales Rodríguez.

Manuel Arias Álvarez.

Roberto Álvarez Carracedo.

Carlos Arias Núñez.

Co fin de axustaren as táboas salariais ó disposto polo artigo 8 do convenio da empresa asinado o día 24 de xuño de 1993.

Abre a sesión o representante da empresa José A. Prieto San Juan, quen fai entrega ós presentes dun informe cos cálculos efectuados, aplicando o que no citado convenio se indica para as retribucións de 1995. Tras unha explicación delas e comprobación por parte dos presentes, os conceptos salariais para 1995 quedan como segue:

Primeiro.-Salario de convenio para 1995.

GrupoAnualMensualDiario

Grupo I1.368.631 91.2423.008
Grupo II1.464.435 97.6293.219
Grupo III1.587.611105.8413.489
Grupo IV1.765.535117.7023.880
Grupo V2.011.829134.1224.422
Grupo VI2.354.047156.9365.174
Grupo VII2.864.887190.9926.296
Grupo VIII3.630.159242.0117.978

Segundo.-Complemento de quendas. O complemento de quendas para o ano 1995, en cómputo anual, será de 211.285 ptas. (579 ptas./día).

Terceiro.-Plus de vacacións en inverno. Para o exercicio 1995, este plus ascenderá a 51.637 ptas. en cómputo anual, a razón de 1.666 ptas./día de vacacións desfrutadas en período invernal por necesidade da empresa.

Cuarto.-Axuda de estudios. Axustarase ós seguintes importes:

EstudiosMensualDiario

EXB e preescolar2.503 83
BUP e formación profesional4.576153
Estudios universitarios7.016234

Quinto.-Axudas por xubilación:

Idade

xubilación

Antigüidade

empresa

Importe

por ano

60 anos10 anos6.121
61 anos10 anos5.510
62 anos10 anos4.286
63 anos10 anos3.366
64 anos10 anos2.448
65 anos10 anos1.837
A partir do 10º ano1.224

Sexto.-Fondo social. A cantidade a dotar ó fondo social durante o ano 1995 será de 20.400 ptas./mes.

Lido en presencia dos anteriormente citados, e estando de acordo no aquí escrito, asinan a presente acta no lugar e data arriba indicados.

95-4918