Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4277 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T., para edificio Avda. Casiano Moreno-San Bartolo (Barreiros), e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), a instalación de liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 80 metros, dobre circuíto, realizada con conductor LA-56. Liña de media tensión subterránea de 20 kV, cunha lonxitude de 316 metros, dobre circuito, realizada con conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x95 mm Al, desde o derradeiro

apoio ata o C.T. proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, 20.000±5% 380-220 V, para dar servicio eléctrico ó edificio de Teodoro Moreda Fernández na Avda. Casiano Moreno en San Bartolo, concello de Barreiros.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 31 de maio 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4991