Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 18 de xullo de 1995 Páx. 5.747

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 52860).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na rúa Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio metálico e conductor LA-56, de 127 m de lonxitude, con orixe na liña Eume-Zarzo (ecpediente número 3073) e remate no lugar de Lameiro.

Centro de transformación, tipo caseta, de 50 kVA en Lameiro e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV. Monfero.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 22 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-4527