Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.719

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial do sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de limpeza de institucións hospitalarias da Seguridade Social (código número 3200395), de Ourense para o ano 1995, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10 de maio do ano que corre, subcrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpeza de Institucións Sanitarias do Insalud de Ourense e da parte social polas centrais sindicais, con representatividade no sector, Confederación Intersindical Galega e Comisións Obreiras, en xuntanza celebrada o día 4 de maio de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de

traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexitro desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 15 de maio de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Artigo 1º

O presente convenio colectivo afecta ás empresas dedicadas á limpeza de institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social en Ourense e que no ámbito de aplicación deste convenio tódolos/as traballadores/as dependentes destas empresas e que presten os seus servicios nas institucións hospitalarias pechadas da Seguridade Social da provincia de Ourense.

Artigo 2º-Vixencia e duración.

O presente convenio empezará a rexer desde a súa aplicación no BOP de Ourense, non obstante para efectos económicos será desde o 1 de xaneiro de 1995 e rematará o 31 de decembro de 1995. Ó remate da vixencia do presente convenio colectivo manerán a súa vixencia todas e cada unha das súas cláusulas ata a entrada en vigor do seguinte. O convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, se por calquera das partes non fora denunciado, polo menos con tres meses de antelación ó termo da súa vixencia. A fórmula de denuncia será mediante comunicación da parte denunciante á outra parte na que expresará o desexo de denunciar e negociar un novo convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas de calquera índole contidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas e situacións implantadas polas empresas e que impliquen condicións máis beneficiosas con respecto ó presente convenio subsistirán para aqueles/as que as veñen desfrutando, pero sen que poida interpretarse que sobre as chamadas condicións máis beneficiosas terá que computarse o melloramento económico que supón o presente convenio.

Artigo 4º.-Salario base, complemento de destino, complemento de productividade fixo e complemento específico.

O importe a aboar nestes conceptos especificaranse nos anexos I e II deste convenio, que será o mesmo que por este concepto cobren os/as limpadores/as e os/as pinches da Seguridade Social durante o ano 1995 e para o resto das categorías aumentará en proporción correspondente ás táboas salariais de 1994.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Os/as traballadores/as fixos/as comprendidos/as no ámbito de aplicación deste convenio desfrutarán como complemento personal de antigüidade dun aumento periódico por cada tres anos de servicios prestados no mesmo centro de traballo, na contía do 5% do salario base por cada trienio.

Artigo 6º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá dúas gratificacións extraordinarias, unha en xullo e outra no Nadal, cada unha delas de 30 días de salario base máis antigüidade, máis o complemento de destino. No ano 1996, en abril, aboarase unha paga extraordinaria como axuda ó transporte por un importe de

43.000 ptas.; esta paga será aboada integramente polas empresas concesionarias nesta data.

Artigo 7º.-Plus domingos, festivos e nocturnos.

O persoal que preste os seus servicios en domingos, festivos e traballos nocturnos, percibirá a mesma cantidade que por este concepto se aboe ó persoal de pinches da Seguridade Social.

Artigo 8º.-Plus de toxicidade, perigosidade e penosidade.

Estes pluses aboaranse na contía que en cada momento estableza a lexislación vixente nestas materias.

Artigo 9º.-Xornada de traballo e descansos.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, entendéndose como traballados os 15 minutos de bocadillo naquelas empresas que o veñan desfrutando. As libranzas a que terán dereito os/as taballadores/as serán as mesmas que desfruten os/as pinches e limpadores/as da Seguridade Social, que nestes momentos son as seguintes:

-Descanso quincenal (dous ó mes).

-Os días 10, 11 e 12 de abril.

-Os días 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro.

-Os correspondentes ó terceiro sábado.

Se durante a vixencia do presente convenio se producise algún cambio de adxudicatario na presentación do servicio de limpeza dos centros ós que é de aplicación, correrá por conta de cada un dos adxudicatarios o aboamento das cantidades correspondentes ós descansos quincenal e de terceiro sábado non desfrutados polos traballadores/as durante a vixencia das súas respectivas adxudicacións, ou ben o desfrute acumulado destes, sempre que se produca durante a vixencia das adxudicacións baixo as cales estes non foron desfrutados.

No que ós restantes descansos non desfrutados fai referencia, correrá por conta dos adxudicatarios o aboamento ou desfrute acumulado destes, sempre en estricta proporción ós períodos de vixencia das respectivas contratas, de tal maneira que cada unha delas se faga cargo dos días non descansados en proporción ó tempo de duración da adxudicación.

No suposto de que fosen os domingos ou festivos os non desfrutados, procederase a activa-los mecanismos de compensación previstos no presente convenio, pero sempre considerando os períodos en que estes non foron desfrutados procedendo entonces, segundo a forma prescrita no parágrafo primeiro da presente disposición.

Artigo 10º.-Festivos.

O/A traballador/a cunha xornada laboral que se desenvolva en domingo ou festivo, de mutuo acordo coa empresa poderá:

a) Desfrutar, en compensación, dun día de descanso semanal.

b) Percibir aboamento correspondente segundo a normativa vixente.

c) Acumula-lo descanso ós días de vacacións regulamentarias.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non se realizarán horas extraordinarias de carácter normal, non obstante, poderán realizarse as horas extraordinarias debidas a forza maior e as de carácter estructural. Consideraranse horas extraordinarias motivadas de forza maior, as traballadas e empregadas na reparación de sinistros ou as que realicen para prevelos. E as horas estructuradas, as que con carácter extraordinario e esporádico se efectúen no seo dunha empresa para cubri-la realización dun traballo que non foi posible prever nin substituír por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

Enviarase á delegación de traballo, un informe mensual da realización e motivos destas horas e será realizado conxuntamente polo comité de empresa e a dirección e, se é o caso, polos delegados/as ou delegado/a de persoal.

O incumprimento do pactado neste artigo, así como o referente o artigo 35 da Lei 8/1880, do 10 de marzo, e R.D.L. 1985 do 20 de agosto, considerarase falta grave para efecto do disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Licencias.

Logo da solicitude dos/as traballadores/as afectados/as, concederase licencia retribuída e polo tempo que se indica, nos casos seguintes:

-Polo matrimonio do/a traballador/a: 15 días naturais.

-Polo matrimonio de fillos/as: 1 día natural.

-Polo parto da esposa: 2 días naturais se é na provincia e 5 días se é fóra dela.

-Polo falecemento de cónxuxe e familiares en primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade, quere dicir: pais, nais, fillos/as, abós, netos, irmáns, pais políticos, irmáns políticos, fillos políticos, abós políticos e netos políticos: 3 días naturais se é na provincia e se é fóra dela, 5 días naturais.

-Polo falecemento de parentes no terceiro grao, quere dicir: tios, bisavós políticos, bisnetos políticos e sobriños políticos: 1 día natural.

-Nos demais casos aterémonos ó disposto na lexislación vixente.

-No caso de asitencia ó/á médico/a, o tempo necesario con xustificación e cun máximo de 3 horas. No caso de desprazamento ó/á especialista terase en conta a distancia e en consecuencia o tempo indispensable.

Artigo 13º.-Excedencias.

Todo/a traballador/a cunha antigüidade de polo menos un ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a súa situación de excedencia voluntaria por un período máximo de 5 anos, e non perderá en ningún

caso a antigüidade que tiña no momento de solicitala a empresa estará obrigada á concesión da excedencia.

Artigo 14º.-Cambio de posto de traballo por embarazo.

As mulleres terán dereito a cambiar de posto de traballo, co fin de que en ningún caso estarán obrigadas a desempeña-las súas funcións en lugares redioactivos e infecciosos, que supoñan perigo para o seu estado.

Artigo 15º.-Roupa de traballo.

Concederase a todo o persoal, axeitada e regulamentaria roupa de traballo, funda para o persoal masculino e bata para o persoal feminino cada seis meses, zapatillas cada tres meses, luvas cada vinte días e zocos cada nove meses. O persoal terá que devolve-la roupa e utensilios utilizados no momento que se produza a substitución.

Artigo 16º.-Incapacidade laboral transitoria.

O/A traballador/a que cause baixa por accidente laboral, non laboral, maternidade ou enfermidade común, percibirá o cento por cento do salario convido, desde o primeiro día da baixa, incluídas as pagas extras.

Artigo 17º.-Extinción do traballo na contrata correspondente.

O persoal de limpeza que realice a súa xornada nun centro de traballo durante un período mínimo de dous meses, no caso do cese da contrata, terá dereito a continuar coa nova empresa adxudicataria cos servicios de limpeza do centro. Esta nova empresa adxudicataria terá a obriga de absorber a este persoal respectándolle a antigüidade e demais dereitos adquiridos.

Artigo 18º.-Garantías dos cargos sindicais.

Por mor de situacións concretas, como son confección do cadro de horarios, calendario de vacacións, e acordo para a negociación colectiva, o empresario facultará reunirse nos locais da empresa ós/ás traballadores/as e ós/ás representantes sindicais durante a xornada de traballo, sen que poida excederse dunha hora en tales casos e de común acordo para a designación do día e hora, sen menoscabo da realización de traballos urxentes que puideran xurdir.

Artigo 19º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, desfrutará de un mes natural de vacacións anuais retribuídas.

As vacacións tomaranse entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, non obstante, o persoal que desexe toma-las vacacións no resto dos meses do ano e sempre de acordo coa empresa recibirá unha bolsa extrasalarial de 7.000 ptas. durante o período de vacacións.

Os/As traballadores/as que no momento de desfrutaren as vacacións, se atopan de baixa por enfermidade ou accidente terán dereito a desfrutalas inmediatamente despois de producirse a alta e dentro do ano natural.

Elaborarase un calendario de vacacións en cada empresa de acordo entre empresa, traballador/a e comité, de tal xeito que os/as taballadores/as desfruten das súas vacacións rotativamente, respectando a lexislación vixente.

Artigo 20º.-Control médico.

Os/As traballadores/as que desempeñen o seu traballo en lugares redioactivos ou infecciosos, terán dereito a control médico por parte da empresa como mínimo unha vez ó ano.

Artigo 21º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento do pactado no presente convenio e, en xeral, para cantas cuestións se deriven da aplicación do mesmo, establécese unha comisión paritaria que estará integrada polos seguintes membros:

Parte económica: Asociación de Empresarios de Limpeza de Institucións Sanitarias do Insalud de Ourense.

Parte social: centrais sindicais asinantes do presente convenio.

Artigo 22º.-Xubilacións.

Todo/a traballador/a afectado/a polo presente convenio poderá solicita-la xubilación ós 64 anos ó abeiro do previsto no Real decreto lei 15/1981, do 28 de agosto; neste suposto a empresa verase obrigada a contratar outro/a traballador/a perceptor de desemprego ou mozo/a demandante do primeiro emprego, a través dun contrato de idéntica natureza.

Disposicións xerais

Primeira.-Todo o que non se previu no presente convenio, estará disposto na Ordenanza Laboral de Traballo para as empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais aprobada o 15 de febreiro de 1975, así como nas demais disposicións legais vixentes.

Segunda.-As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar do mesmo, así como a copia dos boletíns de cotización da Seguridad Social no taboleiro de anuncios da empresa para coñecemento de tódolos/as traballadores/as, co fin de que constaten a súa situación laboral.

Terceira.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación de Empresarios de Limpeza de Instituciones Sanitarias do Insalud de Ourense e as centrais sindicais: Confederación Intersindical Galega e Comisións Obreiras, ambas con capacidade suficiente e leixitimación, de conformidade co disposto na Lei 8/1980 do Estatuto dos traballadores.

Cuarta.-Se se producise nalgunha das empresas afectadas polo presente convenio baixas de traballadores/as fixos/as do cadro de persoal dos centros sanitarios afectados, estes serán cubertos polos/as traballadores/as que teñan carácter de fixos.

Quinta.-Atendendo ó talante de equiparación, respecto das vantaxes sociais que desfruta o persoal dependente do Sergas, co que se contemplou a paga

extraordinaria de axuda ó transporte, mantense o dereito ó devengo da mesma, en tanto non se alcance unha equiparación total no referente a elas, cuestión esta que se decidirá de común acordo entre ás partes na negociación do convenio correspondente.

Sexta.-Con carácter exclusivo para 1995 e se durante este ano os salarios do persoal subalterno da Seguridade Social sufriran algunha variación, os/as traballadores/as afectados por este convenio percibirán unha paga extra, no mes de marzo de 1996, con cargo á empresa que nese momento tiña a contrata, consistente na contía correspondente ó citado incremento anual.

ANEXO I

CATEGORÍAS. SALARIO BASE

Administrativos/as:

Xefe/a de 1ª:93.316

Xefe/a de 2ª:74.041

Caixeiro/a:74.041

Oficial de 1ª:73.045

Oficial de 2ª:72.150

Auxiliar:70.904

Cobrador/a:70.557

Mandos intermedios:

Encargado/a xeral:87.111

Supervisor/a encargado/a zona:75.859

Supervisor/a encargado/a sector:73.045

Encargado/a grupo ou edificio:71.392

Responsable de equipo:70.544

Persoal obreiro:

Especialista:70.544

Peón especializado:70.544

Limpador/a:69.634

Conductor/a-Limpador/a:70.544

Personal oficios varios:

Oficial:70.544

Axudante:69.634

Peón:69.634

Traballadores/as menores de 18 anos:SMI

ANEXO II

COMPLEMENTOS

-O complemento de destino será de 29.787 ptas./mes para tódolas categorías.

-O complemento de productividade será de 11.392 ptas./mes.

-O complemento específico será de 5.273 ptas./mes.

95-3696