Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 17 de xullo de 1995 Páx. 5.717

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 206/1995, do 6 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación das liñas eléctricas aéreas e centros de transformación en Portocubelo (Expte. nº 52721), O Viso e Vilar (Expte. nº 52722), no concello de Carnota (A Coruña).

Electra del Jallas, S.A., con domicilio para efectos de notificación na praza da Constitución nº 17; 15270-CEE (A Coruña), solicitou desta consellería, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución dos proxectos de construcción das liñas eléctricas aéreas seguintes: a) Expte. nº 52721, liña de media tensión (L.M.T.) aérea, a 20 kV de 693 m de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Mazaricos e remate no C.T., de 100 kVA, que se vai construír en Portocubelo, concello de Carnota (A Coruña), e b) Expte. nº: 52722, L.M.T. aérea a 20 kV de 262 m de lonxitude, conductor LA-56, con orixe na L.M.T. Pontella-Alivia e remate no CT, de 100 kVA, que se vai construír no Viso e L.M.T. aérea a 20 kV de 554 m. de lonxitude, que parte da L.M.T. Pontella-Alivia e finaliza no C.T., de 100 kVA, que se vai construír en Vilar, ámbalas dúas no concello de Carnota (A Coruña).

As ditas instalacións autorizáronse, declaráronse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña de 21-6-1994, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 16-8-1994, no BOP da Coruña do 4-8-1994, e no BOE do 28-7-1994.

As solicitudes de urxente ocupación fixéronse segundo o disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función destas peticións, coas relacións de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse, no BOP da Coruña do 19-11-1994, no DOG do 28-11-1994, e no xornal O Correo Galego do 1-12-1994; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran nas ditas relacións.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, durante o período no que se someteu a trámite de información pública presentou escrito

de alegacións o propietario do predio nº 30, dos afectados pola liña ó C.T. de Vilar, manifestando a súa disconformidade coa valoración que se fai dos seus bens, que non se teñen en conta por corresponder a outra fase do procedemento.

Unha vez efectuada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo os trazados aprobados para as instalacións destas liñas, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 de Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lles son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Cóidase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Electra del Jallas, S.A., xa que con estas liñas se pretende amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-las instalacións proxectadas e propostas por Electra del Jallas, S.A., das liñas eléctricas aéreas, a) ó C.T. de Portocubelo e b) ós C.T. do Viso e Vilar, así como os ocupados polos propios CC.TT. citados.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Carnota (A Coruña), e son tódolos que figuran nas relacións presentadas pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que constan no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, seis de xuño de mil nocecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

4990