Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.674

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4158 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95-Ourense, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Pontella, Fontemourela e Penabico no concello de Guitiriz e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de unha rede de baixa tensión a 20 kV, con conductores R.Z.-0,6/1 kV e R.Z.-150-95-50-25, de 1.853 m de lonxitude, nos lugares de Pontella, Fontemourela e Penabico, no concello de Guitiriz.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 25 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-3605