Recibida da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000964/1995, interposto por Fernando Ignacio Villalba López contra resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 2 de marzo de 1995, sobre puntuación outorgada na baremación de méritos no procedemento selectivo de ingreso ó corpo de mestres.
Esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, remitirlle o correspondente expediente administrativo á devandita sala, o cal se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan constituírse en parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.
Juan José Bértolo Cadenas
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
95-3607