Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 14 de xullo de 1995 Páx. 5.673

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 204/1995, do 6 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo, propiedade da confraría de pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, sito na parroquia de Barallobre, termo municipal de Fene (A Coruña), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

A xunta xeral da confraría de pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, acordou por unanimidade outorga-la cesión de terreos propiedade da confraría á Comunidade Autónoma de Galicia, para construcción dunha lonxa e servicios portuarios.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun terreo de oito áreas vinte centiáreas, sito no lugar Bouza da Pena, na parroquia de Barallobre, termo municipal de Fene, que linda: ó norte, coa ría de Ferrol; ó sur, José-Eleudino Freijomil Blanco e herdeiros de Adelaida Rodríguez; ó leste, sendeiro de a pé e ó oeste, con Pedro Crego Culebras.

O terreo atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume, no tomo 411, libro 71, folio 81, predio número 7.235.

Artigo 2º

O predio cedido destinarase á construcción doutra lonxa e servicios portuarios.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á for

malización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, seis de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

95-04177