Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expedientes sancionadores (P-43/1995), (P-50/1995), (P-63/1995), (P-78/1995), (P-79/1995) e (P-87/1995) (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Así mesmo, desígnase instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifaca para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou aporta-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación nungunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9/8/1993).

Pontevedra, 19 de maio de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

43/1995Jesús Represas Cebreiro

Parada-Xinzo

Ponteareas

Pescar lamprea con fisga e axudado dunha lanterna en lugar non autorizado, sen licencia, sen permiso de couto, ó ser un tramo acoutado, no río Tea, lugar da Freixa, o día 10.3.1995.Art. 35.5º,

Art. 34.1º 9,10

da Lei 7/1992,

de pesca fluvial.

Art. 35

da Lei 7/1992,

de pesca fluvial.

550.000

e Inha. para obte-la

licencia de

pesca en 1

ano e un día.

50/1995Elisardo Fernández

González

San Luid, 40

Pontecesures

Incumprimento das prescripcións establecidas para a pesca da lamprea con butrón no último tramo do río Ulla, no lugar de Muelle-Pontecesures, o día 10.3.1995Art. 33.9

da lei 7/1992

de pesca fluvial

Art. 33

da lei 7/1992

de pesca fluvial

50.000

que deberán

paga-los tres

denunciados

P-63/1995Miguel Ruibal Pose

Xeve

Pontevedra

Verter lixo e entullo na beira do río Agudelo, co conseguinte dano para a poboación ictícola, no lugar de Perdecanai e Lardoeira, do termo municipal de Barro o día 15.3.1995.Art. 35.10º,

Art. 34.21º

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

Art. 35,

Art. 34

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

2.500.000 que deberán pagar os tres denunciados.

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-78/1995Manuel González Romero

Alfonso IX-3-2º I

Pontevedra

Pescar troitas de tamaño inferior (3 exemplares entre 9/12 cm) no lugar da Ponte Romana do termo municipal da Lama o 26.3.1995.Art. 33.9º,

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

Art. 33

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

5.000 e unha Ind. 3.000 polos danos ocasionados á riqueza piscícola.

P-79/1995José Carlos García Pereira

Ramiráns, 13

Porriño

Pescar sendo titular dunha licencia válida de pesca cando non se leve consigo esta e un documento acreditativo no regato Ribadelouro, do termo municipal de Tui o 26.3.1995.Art. 33.1º,

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

Art. 33

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

2.000

P-87/1995Severino López Vidal

Herbón-Padrón

A Coruña

Pescar con artes prohibidas (dúas redes) no río Ulla no lugar de Herbón do termo municipal de Padrón o día 1.4.1995.Art. 35.5º,

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

Art. 35

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

500.001 e unha Inha. de 1 ano e 1 día.

P-87.1/1995José Lópe Cruces

Herbón-Padrón

A Coruña

Pescar con artes prohibidas (dúas redes) no río Ulla no lugar de Herbón do termo municipal de Padrón o día 1.4.1995Art. 35.5º,

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

Art. 35

da Lei 7/1992

de Pesca Fluvial

500.001 e unha Inha. de 1 ano e 1 día.

95-04046