Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4321 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora-lo servicio eléctrico en San Mamede do Camiño, no concello de Sarria.

Orixe da liña: C.T. de San Mamede do Camiño.

Características: rede aérea de baixa tensión, con apoios de formigón e conductores tipo /sección R.Z.-0,6/ 1 kV-3x50 Al+54,6, de 380-220 V, para mellora-lo servicio eléctrico no lugar de San Mamede do Camiño, no concello de Sarria.

Orzamento: 1.386.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de maio de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-4277