Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. ó C.T. de Forcadela ata o C.T. que se proxecta en Ramo-Forcadela, concello de Tomiño.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 572 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.
C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 460 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 9.600.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de maio de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4275