Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 195/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I, desde o apoio 30 da L.M.T. existente 30.09 Mourente-Raxó-Caeira-Sanxenxo ata o apoio 32 da citada liña. Tramo II, desde o apoio 31 da L.M.T. 30.09 ó C.T. de Lourido. Tramo III, desde o apoio 31 da L-30.09 ó apoio 8 da L.M.T. ó C.T. Lourido, reflectada no tramo II, concello de Poio.

Finalidade da instalación: desvío instalacións a petición do Servicio de Costas do Ministerio de Obras Públicas, Transporte y Medio Ambiente.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV no tramo I e tramo II, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

L.M.T., soterrada, a 20 kV, no tramo III, de 345 m de lonxituide, con conductor tipo R.H.V.

R.B.T., aéreo-soterrada, de 508 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. e R.V., cun apoio de formigón.

Orzamento: 15.214.181 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas,

no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-4268