Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 192/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na estrada C-531 Pontevedra-Vilagarcía, tramo

barro-Vilagarcía, concellos de Meis, Vilagarcía de Arousa e Caldas de Reis.

Finalidade da instalación: desvío instalacións a petición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Características principais: redes de baixa tensión, aérea, de 6.750 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 23.225.192 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 9 de maio de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-4481