Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 13 de xullo de 1995 Páx. 5.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-3269; XG-365, de Ourense a Videferre, con anexos. (Titular: Empresa Villalón, S.A.).

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Ourense (Curros Enríquez, 1 entre

sollado), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo de un mes, contado a partir do día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este expediente tramítase como consecuencia da presentación por parte de Empresa Villalón, S.A. dun novo proxecto que substitúe ó publicado no Boletín Oficial del Estado do 19 de xaneiro de 1990 e no Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro de 1990.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4942